Saturday 04 de May de 2024

Cambe súmase á campaña de doazón de sangue da CTG


Os días 8, 9 e 10 de agosto a unidade móbil situarase na Barcala, O Temple e Cambre

Cambre conta con 2.247 doantes de sangue censados que realizaron 9.936 doazóns desde 1994. Durante este verán precísanse 500 doazóns de sangue diarias para atender a todos os enfermos, para garantir lasa 500 intervencións cirúrxicas e os tres transplantes de órganos diarios. En época estival os hospitais galegos requiren máis que nunca da solidariedad dos galegos e cambreses, neste caso, polo que desde o Concello anímase a todos os doantes a participar activamente nesta campaña.
Por todo iso, en Cambre levará a cabo unha campaña de verán que comezará na Barcala o luns 8 de agosto de 16.00 a 21.00 horas coa súa unidade móbil situada na entrada da urbanización.
En Cambre, fronte ao Concello a unidade móbil chegará o martes 9 de agosto de 10.30 a 14.40 horas e de 16.00 a 21.00 horas. E en O Temple o mércores 10 de agosto de 9.30 horas a 14.30 horas e de 16.00 a 21.00 horas. A unidade situarase na Rúa Tapia número 36.